"Brinca Vai!": Meu o mundo é!

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 6 พ.ค. 2014
  • "Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
    Cun amplo abano de ritmos dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Son temas que figuran no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.
    "Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!
    "En galego falo, en galego sinto,
    en galego canto, sabes que non minto.
    En galego todo podo facer,
    en galego estou no mundo...
    Meu o mundo é!
    En galego leo, en galego escribo,
    en galego bailo, sabes que non minto.
    En galego todo podo facer,
    en galego estou no mundo...
    Meu o mundo é!"
    [Retrouso de "Meu o mundo é!"]
    www.brincavai.com
    / brincavai

ความคิดเห็น •