XXVII Gala do Memorial Ibán Toxeiro "A rapazada toma o teatro"
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 26 ม.ค. 2025
- A Asociación Cultural Alexandre Bóveda celebrou a Gala do XXVII Memorial Ibán Toxeiro, a nosa festa anual das artes escénicas galegas afeccionadas e profesionais.
O martes 26 de novembro, ás 19 h, o teatro Rosalía de Castro foi o escenario da XXVII Gala do Memorial Ibán Toxeiro, o evento que celebra o talento afeccionado e profesional.
Este ano, a gala tivo como título A Rapazada toma o Teatro, en homenaxe ás creacións dirixidas á infancia. O Premio de Honra Lino Braxe foi entregado a Caramuxo Teatro pola súa contribución ao teatro infantil.
Precisamente, unha obra de Lino Braxe (anterior director do memorial Ibán Toxeiro e da compañía Alexandre Bóveda Teatro) foi representada por Alexandre Bóveda Teatro: A fraga en perigo. Foi a primeira vez que esta obra se levou a escena. O grupo comezou a traballar nesta peza en febreiro de 2020, mais os ensaios tiveron que ser interrompidos pola crise sanitaria da COVID-19. No 2024, con grande entusiasmo, retomamos esta produción para ofrecer unha obra que encantará aos nenos e nenas e levará unha importante mensaxe sobre a protección do medio ambiente.
A velada contou coa participación de Alexandre Bóveda Teatro e Teatro Airiños e foi presentada por Sabela Hermida.