Alalá nº 3 "Cantadeiras de Laxoso" - TVG

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 21 ต.ค. 2024
  • Alalá nº 3 Cantareiras de Laxoso
    Data de emisión: 28-02-2006
    Máis coñecidas coma “as cantareiras de Laxoso”, o grupo Herva Verde está formado por 11 mulleres -entre cincuenta e oitenta e tantos anos- e un home. O equipo do programa Alalá achegouse ata este lugar, moi preto de Pontecaldelas, para coñecer este grupo, que malia non ter ningún disco propio gravado, foi a fonte da que beberon outros grupos como Leilía, Fiadeiro, etc e, por iso, as cancións das de Laxoso pódense atopar en moitos CDs de artistas distintos.
    Para toda xente nova que se dedica á recollida de pezas populares, Laxoso é un punto de referencia, sobre todo porque a memoria prodixiosa de Aurea conserva centos de cancións que se cantaban hai anos nos seráns da zona.
    Neste programa de Alalá faremos case un viaxe no tempo a través dos testemuños destas mulleres: saberemos como eran os seráns nos anos da súa mocidade; a fame que pasaban algunhas; a vida de princesa doutras, coma a de Lola que viviu en Lisboa os mellores anos da súa vida; a dureza da emigración, coma no caso de Pilar, unha estremeña que non fala galego pero que canta en galego, ou o de Cristina, á que despois de trinta anos en Venezuela, xa lle custou volver ó seu “Lagioso”; a dura vida de Delia que traballou nas canteiras e nas carreteras...; a enerxía de Lidia que aprendeu a montar a cabalo para ir de madriña no voda do seu fillo:... e de todas elas, a alegría de vivir esta especie de segunda xuventude que lles proporciona a música e o feito de pertencer ó grupo.

ความคิดเห็น • 1