Alalá nº 6 "O Fiadeiro" - TVG

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 14 ธ.ค. 2014
  • Alalá Capítulo 6 - "O Fiadeiro"-
    Data de emisión TVG: 21 de marzo de 2006
    Nesta nova edición, o equipo do programa Alalá introdúcenos nun dos ensaios da Asociación Folclórica “O Fiadeiro”. Unha asociación que nace en Vigo en 1995 e que agrupa a máis dun cento de mozas e mozos dispostos a investir talento e moito esforzo persoal neste proxecto. Ademais dunha áresa artística, formada por 6 grupos de danza e música, O Fiadeiro, ten tamén unha área de recuperación que se encarga de recoller, compilar e conservar o legado cultural que aínda permanecece na memoria dos máis vellos. O valiosísimo material que este mozos recollen por toda Galicia é a base na que se inspiran, tanto no apartado artístico como na área de vestiario e material.
    Así pois nesta edición descubriremos outro xeito de entender e de vivir a tradición musical. Coñeceremos a Vicente, bailador e presidente da asociación que ten que facer malabares para compaxinar esta actividade coa seu traballo como mecánico electrónico; faleremos con Begoña, unha química que agora experimenta con tecidos e fíos na elaboración, restauración e conservarción do vestiario; veremos a Santi, xardineiro que, malia as duras horas de traballo, aínda ten tempo para soñar con ser piloto de rallies e para asistir ós ensaios do Fiadeiro; tamén falará Sonia que vive en Santiago pero que conduce tres veces por semana ata Vigo só para ensaiar co grupo...Talento, sacrificio, moito esforzo e moitas ganas de pasalo ben, todo isto éo que aportan os mozas e mozas do Fiadeiro.

ความคิดเห็น • 6