"Dime que fixeches": CANTA CONNOSCO! de Migallas Teatro
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 3 ก.พ. 2025
- "...E despois? Dime que fixeches e onde estiveches.
Sentín o galo, que sempre está cantando;
fun ao río e bañeime co crocodilo..."
Coincidindo coa inauguración de Culturgal 2016 en Pontevedra e na véspera da actuación de Migallas Teatro presentando o libro-disco CANTA CONNOSCO! ás 18:30 horas no Espazo Infantil presentamos o videoclip da canción "Dime que fixeches".
Este libro-CD-DVD publicado por KALANDRAKA recupera as cancións dun disco homónimo gravado por Carlos Yus e María Campos en 1996, incorporando as fermosas ilustracións de Óscar Villán máis os divertidos videoclips de José Miguel Sagüillo.
-Música, letra e voces: María Campos e Carlos Yus
-Arranxos: Paco Dicenta
-Músic@s participantes no disco: Paco Dicenta, Xosé Manuel Budiño, Francisco Bouza, Guillermo Fernández, Suso Elías Quiroga
-Coros: Lucía Cota, Eva María Troitiño
-Participantes no videoclip: nenos e nenas da escola de verán de Vilaboa 'Vilaverán'.
...Para que 20 anos despois, os nenos e nenas de hoxe sigan cantando e bailando con Migallas.
+INFO:
www.kalandraka....