Abrazando o Monte Vigo 191018

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 21 ธ.ค. 2024
  • 1300 escolares de nove centros públicos de Vigo fixeron un "ABRAZO AO MONTE", nunha xornada mestura de festa, recordo e reivindicación medioambiental para o futuro no marco das actividades do 1º aniversario dos lumes nos montes de Vigo.
    Tivo lugar nos montes da Sobreira e dos Pozos e realizouse en colaboración coa Comunidade de Montes de Valladares e con Montes de Vigo. No acto estiveron presentes o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Delegado Territorial de Educación, César Pérez Ares.
    Os centros educativos participantes foron: CEIP Sobreira-Valadares, CEIP J. Alonso -Matamá, CEIP A Paz -Tintureira, CEIP Castelao -Navia, CEIP Igrexa Candeán, CEIP Eduardo Pondal, CEIP O Pombal, CEIP Escultor Acuña e o IES de Valadares. O lema da acción "abrazo ao monte" estivo acompañado por un logotipo creado por un dos participantes.

ความคิดเห็น •