Excursión a Castrelo de Miño 2021 (6º primaria) · Colexio San Pío X (Ourense)
ฝัง
- เผยแพร่เมื่อ 3 ม.ค. 2025
- E así foi, como despois de tantos meses agardando, saímos da aula! Este curso, igual que en Castrelo, tivemos que enfrontarnos a ondas, refachos de vento imprevistos e dificultades descoñecidas. Pero xuntos, tamén aprendemos que o importante non é caer, senón estar preparados para erguernos de novo.
Este vídeo é unha lembranza da derradeira excursión do alumnado de sexto, que para o ano que vén xa non formará parte do noso colexio. Oxalá que o vindeiro ano a situación mellore e o resto de cursos tamén poidan participar nas súas!
Medidas de seguridade COVID-19:
1. Transporte: establecemos un nivel de ocupación do 50% no autocar, de xeito que o asento do carón de cada alumno/a foi desocupado.
2. Nas actividades acuáticas foi obrigatorio o uso da máscara, salvo naquelas individuais onde se mantiña distancia de seguridade (paddel surf/windsurf)
3. O xantar foi ao aire libre en mesas de tres e catro persoas.
4. A distribución no transporte e xantar gardou consonancia coa súa localización diaria na aula, respectando os contactos estreitos habituais de cada compañeiro/a.
Agradecementos:
👉🏻 Club Náutico Castrelo de Miño: www.clubnautico...
👉🏻 Cafetería Náutico Castrelo: nauticocastrelo...
Visita a nosa web:
👉🏻 colexiosanpiox...
Sigue as nosas redes:
👉🏻 Facebook: / colexiosanpiox
👉🏻 Twiiter: / colexiosanpiox
👉🏻 Canle de Telegram: t.me/colexiosan...
👉🏻 PíoBot (asistente virtual en Telegram): t.me/colexiosan...