Alalá nº 140 "Coral de Ruada" - TVG

แชร์
ฝัง
  • เผยแพร่เมื่อ 8 ก.ย. 2024
  • Alalá nº 140 "Coral de Ruada" - TVG
    Data de emisión en Televisión de Galicia: 16/03/2010
    alala.crtvg.es
    Coral de Ruada: O orgullo da cidade de Ourense
    Despois de noventa anos, a Coral de Ruada de Ourense segue a cantar coa mesma forza, dedicación, entrega e entusiasmo que cando actuaron por primeira vez un día de San Xoán de Mil novecentos dezanove no desaparecido Teatro Apolo de Ourense
    E unha das corais mais antigas de Galicia e como dicía Otero Pedrayo “un orgullo para a cidade de Ourense”.
    Orgullo para a cidade e para eles mesmos que manteñen e dignifican os valores culturais galegos.
    Basearon o seu repertorio nas recollidas polas aldeas que reinterpretaban en romarías galegas e nos mais importantes escearios de cidades galegas e mesmo de Madrid ou América.
    A Coral de Ruada levou a música, o baile, o teatro e a poesía galega de xira polo mundo. O seu patrimonio histórico, cultural e musical e cada vez mais importante.
    Recibiron innumerables premios: desde a garavata da bandeira doada por Alfonso XIII, á placa de ouro do Centro galego de Bos Aires ata as medallas de Galicia e de ouro da cidade de Ourense. Gravaron moitos discos desde o primeiro en 1929 en pizarra e participaron en películas como “La Virgen del Cristal”.
    Esta histórica coral incorporou as mulleres desde a súa fundación - algo que a comezos do século XX non era corrente- e participou da primeira iniciativa empresarial relacionada coa música tradicional, ó faceren xiras nas salas que o empresario Isaac Fraga tiña por toda Galicia.
    A coral de Ruada segue despois de noventa anos coa mesma sensibilidade nesta fantástica aventura.

ความคิดเห็น • 3

  • @miguelangelantoniogonzalez1935
    @miguelangelantoniogonzalez1935 4 ปีที่แล้ว +2

    MORRO DE SOEDADE DA MIÑA QUERIDA OURENSE, XA BAN (OU VAN ?)62,5 ANOS QUE TUVEN SAIR PARA BRASIL.
    GRANDE VALOR DESES SERES HUMANOS QUE TAN BEN REPRESENTA NOSA GALICIA.
    BICOS E APERTAS PARA TODOS VOS EXTENSIVOS A TODOLOS IRMAUS GALEGOS

  • @eduardogarciagonzalez3914
    @eduardogarciagonzalez3914 5 หลายเดือนก่อน

    Tuve un hermano que casó en Ourense. Perteneció a la Banca. El Banco de Bilbao era su centro de trabajo. Llegó a Ourense , dejando su tierra querida de la que estaba muy enamorado: VILAGARCÍA DE AROUSA, Yo creo que mi hermano no acertó con este nuevo destino, porque mi hermano era muy feliz donde nació y este cambio lo dejó muy serio siempre, como si tuviera una roca en el estómgo. Mi hermano amaba el mar que lo vio nacer y nunca pensó en morir en tierras del interior. Era oficial 1ª desde sus años de recluta. Un lince de las Ríias Bajas. Buena persona y amigo de sus amigos.- D-E.P,, Manolo. Te quiero. Falta poco para encontrarnos todos los García, como en otros tiemòas...
    \\\\\\\\\\\\\\\EdwardGG. Compostela, Galicia, Spain. 27.03. 2024, miércoles \\\\\\\\\\\\\\\

  • @pemandejesus3990
    @pemandejesus3990 ปีที่แล้ว

    Ourense na diáspora se alegra.