igaciencia
igaciencia
  • 35
  • 20 965
Mulleres, ciencia e tecnoloxía: unha historia interminable de Mari A. Lires
Enlace ao Powerpoint utilizado na conferencia:
docs.google.com/presentation/d/18Qb7KJF0xuswkJ-6Zq0QKXXFGr_C4EpE/
No Salón de Actos do Pazo de San Marcos tivo lugar a conferencia “Mulleres, ciencia e tecnoloxía: unha historia interminable”.
No marco da programación con motivo do décimo cuarto día da Ciencia en Galego, Igaciencia organiza esta actividade destinada ao alumnado de educación secundaria co obxectivo de dar a coñecer a relación entre ciencia, mulleres e tecnoloxía. Con ela agardamos contribuír, na medida das nosas posibilidades a rescatar e revalorizar a presenza das mulleres que nos precederon, que fixeron posible iso que hoxe chamamos ciencia e tecnoloxía, pero tamén queremos reivindicar o labor das mulleres, no pasado e no presente, pola imprescindible aportación ao avance e benestar do xénero humano, tanto desde as súas profesións como desde o traballo cotiá e doméstico.
A doutora en Química e premio UVIGUALA da Universidade de Vigo, Mari A. Lires, impartiu esta testemuña na que participaron máis de 150 alumnos e alumnas do IES Ollos Grandes de Lugo, do IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, do Ánxel Fole de Lugo, do CPR Plurilingüe A Inmaculada, tamén de Lugo, e do IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo.
Queremos destacar algúns dos aspectos que, pola relación que teñen coa temática que se vai abordar, nos levaron a solicitar a cooperación de Mari A. Lires:
Catedrática de Física y Química de secundaria, profesora da Universidade de Vigo do departamento de Didácticas especiais e vicepresidenta do Seminario Interdisciplinario de Estudos de Xénero da Universidade.
Galardoada, en 2017, co Premio Uviguala 2017 da Universidade de Vigo, polo seu compromiso coa igualdade de xénero. Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo, cuxo obxectivo é introducir a mirada feminista na nova sociedade dixital.
Formou parte da Unidade “Mulleres e Ciencia” do Parlamento de Galicia.
En 2016, comezou a formar parte da "Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade" no Consello da Cultura Galega
Coautora do libro As científicas e a súa historia na aula.
Dirixiu dous Proxectos do Campus do Mar: Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar e O Mar das mulleres.
A deputada de Cultura e Normalización Lingüística, Iria Castro, destacou o valor de dar a coñecer “o traballo de mulleres que cambiaron ou melloraron a historia coas súas disciplinas científicas. Para o estudantado, e principalmente para o estudantado feminino, é necesario escoitar a mulleres que inspiren e que deixen ver que os teitos de cristal poden romperse”.
มุมมอง: 60

วีดีโอ

Menger-Diaz Fractals
มุมมอง 4511 หลายเดือนก่อน
At the Schulpt Show and Tell in July 2023 we present these videos whose foundations are in the video An Algorithm for Extending Menger-Type Fractal Structures, also here. Videos made with Blender
An Algorithm for Extending Menger-Type Fractal Structures
มุมมอง 37ปีที่แล้ว
The concept and many more examples can be seen here: easychair.org/publications/author/NqSp Presented in the SCULPT2023 in july-7 in Genoa. SCULPT papers will be published in a special issue of the Hyperseeing magazine. n Minute 1:48:12 (Menger-Diaz en SCULPT2023) And in minute 3:22:23 the videos Also in TH-cam Our previous Show&Tell meetings, held via Zoom in March and July 2023, were well-rec...
Entrevista con Luis Díaz Allegue, premio Margarita Salas 2023
มุมมอง 127ปีที่แล้ว
En 2 minutos Luís Díaz Allegue, premio Margarita Salas de Ciencias Medioambientales 2023 contesta a las 3 preguntas ¿podrías contarnos un poco sobre tu investigación? Háblanos de tu tesis ¿Cómo crees que tu investigación puede impactar positivamente en la sociedad y en la preservación del medio ambiente?
Illustrations of Menger Diaz Fractals
มุมมอง 122ปีที่แล้ว
Arte e Ciencia
Ángeles Alvariño, a vontade de facer ciencia de calidade en condicións difíciles por Xosé Fraga
มุมมอง 146ปีที่แล้ว
XIII Día da Ciencia en Galego. Xosé A. Fraga Vázquez é doutor en Bioloxía e diplomado en Historia das Ciencias. Exerceu como catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no I.E. S. Monelos (A Coruña). Asumiu a dirección dos Museos Científicos Coruñeses no período 2008-2011. Foi director do Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega desde a súa fundación en 2011 ata 2020. Académico correspondente da R...
Drons tello na aula. Manexo e programación con Droneblocks
มุมมอง 1.1K2 ปีที่แล้ว
Drons tello na aula. Manexo e programación con Droneblocks
Homenaxe a Tarsy Carballas| XII Día da Ciencia en Galego
มุมมอง 622 ปีที่แล้ว
Homenaxe a Tarsy Carballas| XII Día da Ciencia en Galego
Rally Matemático e Científico 2020 2021 Entrega de premios
มุมมอง 1523 ปีที่แล้ว
Rally Matemático e Científico 2020 2021 Entrega de premios
A Nanotecnoloxía no Ano Internacional da Táboa Períodica
มุมมอง 873 ปีที่แล้ว
A Nanotecnoloxía no Ano Internacional da Táboa Períodica
Nanotecnoloxía para o mundo contemporáneo
มุมมอง 743 ปีที่แล้ว
Nanotecnoloxía para o mundo contemporáneo
Proxecto XeoClip. Primeiros pasos para ser un youtubeiro científico
มุมมอง 1274 ปีที่แล้ว
Proxecto XeoClip. Primeiros pasos para ser un youtubeiro científico
Só a ciencia nos rescatará da pandemia
มุมมอง 6164 ปีที่แล้ว
Só a ciencia nos rescatará da pandemia
XI Obradoiro Concurso de Robótica (I)
มุมมอง 1.4K4 ปีที่แล้ว
XI Obradoiro Concurso de Robótica (I)
XI Obradoiro Concurso de Robótica (II)
มุมมอง 1K4 ปีที่แล้ว
XI Obradoiro Concurso de Robótica (II)

ความคิดเห็น