- 17
- 222 905
Os d'Abaixo Música Galega
Spain
เข้าร่วมเมื่อ 23 ก.ค. 2013
Os d'Abaixo "SOMOS A PEDRA"
Colhes umha pedra e começam as perguntas. Primeiro, o enigma do seu tato. Essa rugosidade com propósito de pel indestrutível, blindada contra todo. A seguir, o mistério da sua dureza; essa solidez que intervém de súpeto nos nossos dedos, umha consistência que chama a nom claudicar nunca. E afinal, o mais importante: o segredo da sua origem. Umha pedra sempre parece caída das alturas, um material deslocado que nom acaba de estar mui convencido da sua presença na terra, mas ao que jamais te atreverias a questionar a sua existência quando ainda ninguém respirava. Umha rocha na cima dum outeiro, por exemplo, nunca deixa de advertir-nos de que leva toda a vida em constante vigiláncia. E um leixom ou um penedo, observados com assombro, trazem à memória a mesma perplexidade de quem antes já se perguntou pola inspiraçom que os chantou ali.
Levamos tempo servindo-nos das pedras para assuntos solenes, desde o seu uso em ritos de fertilidade até outros destinos que chegam aos nossos dias, como as cerimónias funerárias ou outras tradiçons. Mas o seu simbolismo nom lhe arrebata a sua principal virtude: a materialidade, a sua condiçom de ferramenta. Porque apanhas umha pedra do chao e seguem as perguntas. Queres saber, por exemplo, em que poderia resultar útil nesse intre. Adivinhar a sua aspiraçom secreta. Umha pedra pequena, um coio fortuito, chama a ser guindado ao longe com umha agitaçom individual do braço. Um pedrolo, para o seu uso satisfatório, já reclama a intervençom das amigas, umha açom em grupo, a lógica comunitária para termar juntos das cousas. E umha pedragueira, soma de seixos e pelouros, pede retomar a leitura simbólica: essas pedras ciscadas polo chao confirmam que a terra resiste.
Vivemos instalados nas urgências diárias, arrastrados por umha sensaçom de que a vida está relativizada, como em suspenso. Seica é um sinal dos tempos. Mas pôr-se a mirar para as pedras, distinguir a sua feitura e calibrar a sua força, ou juntar-se ao redor dum penedo, contagiados da sua dureza, orgulhosos de resistir ao vento que nos bate na faciana, som açons que discutem essa impressom de vida aprazada. As pedras som memória, futuro, permanência. Umha dignidade sempre de guarda. Levam séculos com a razom da sua parte. Nom hai forma com elas, se quadra porque som umha obstinaçom necessária da história. A inteligência mais persistente da natureza. Pode estar todo em risco, com a corda ao pescoço, mas as pedras continuam aí. Apanhas umha pedra e começa de novo o mundo.
[Diego Ameixeiras]
------
Peça musical baseada numha recolhida de Alan Lómax na Serra de Faramontaos, província de Ourense, a Antonio Pazos e outros canteiros anónimos no ano 1952 enquanto faziam o seu trabalho.

มุมมอง: 6 925
วีดีโอ
Os d'Abaixo_Carvalheirinha escura
มุมมอง 3.4K3 ปีที่แล้ว
As irmás Juana, María, Manuela e Maruxa Lema Santos xunto coa súa curmá María Lema Vigo, alá polo ano 1952 nunha parroquia de Corcubión, cantábanlle a Alan Lómax unha copla sobre o fermoso monte Pindo, alcumado “olimpo sagrado dos deuses celtas” polos historiadores románticos do país. Os d’Abaixo axudamos á letra dende a música nesta homenaxe ao Pindo, aos ciclos da vida, e á liberdade da mulle...
Os d'Abaixo_Muiñeira do Verdellinho
มุมมอง 7K3 ปีที่แล้ว
Conta a historia que unha muller illada sente a necesidade de conectar de novo coa súa música interior e emprende unha viaxe por terra e mar 🌊 para recuperar o seu violín "Verdellinho"🎻, ao que chamou así pola cor verde coa que ela percibe o mundo que a rodea e co que descubriu sensacións nunca antes imaxinadas que quere volver a vivir. Asemade, quere ser tamén unha homenaxe a todas as persoas...
Os d'Abaixo "VALXE"_clip confinamento 2020
มุมมอง 11K4 ปีที่แล้ว
Vídeo gravado coa colaboración de xente amiga durante o confinamento da primavera do 2020 causado polo COVID-19. A toda a xente, GRAZAS ♥
Os d'Abaixo "VALXE"
มุมมอง 6K4 ปีที่แล้ว
Música: Victor Antelo Presa (adicada ao gaiteiro e amigo Xesús Rodríguez) Arranxos: Os d'Abaixo Técnico de son: Manolo Dourado Video: Carlos Abal Web: osdabaixo.com Facebook: osdabaixo Instagram: osdabaixo
Os d'Abaixo "PASEI POLA TÚA PORTA"
มุมมอง 8K4 ปีที่แล้ว
Letra: Tradicional Música: Tradicional/Xosé Ramón Vázquez/Xacobe Varela (recollida por Pedro Echevarría no 1955, para o Instituto Español de Musicoloxía, na parroquia de San Román, concello de Santiso, ao informante José Curros) *Fondo de Música Tradicional IMF-CSIC: musicatradicional.eu Arranxos: Os d'Abaixo Técnico de son: Manolo Dourado Video: Carlos Abal Web: osdabaixo.com Facebook: faceboo...
Non cho creo PP_I Polavila de Santalla de Oscos
มุมมอง 5636 ปีที่แล้ว
Non cho creo PP_I Polavila de Santalla de Oscos
Os d'Abaixo_"Quixera ser dos paxaros" (Teatro Principal de Compostela)
มุมมอง 6K7 ปีที่แล้ว
Concerto de presentación do segundo disco do grupo de folc galego Os d'Abaixo. "Quixera ser dos paxaros"
Os d'Abaixo - Espadelada de Solbeira
มุมมอง 35K8 ปีที่แล้ว
Os d’Abaixo son un grupo de música folc galega de Santiago de Compostela. No 2014 publicaron o seu primeiro disco, Ao vivo en Lorient, e no 2017 sairá o segundo, do que forma parte esta peza. Está gravada ao vivo na Illa de San Simón- Galicia, dentro das actividades do San Simón Fiddle 2016. O San Simón Fiddle é un curso para instrumentos de corda dirixido á xente máis nova que ten lugar todos ...
Os d'Abaixo-Carballesa do Incio (Fin de ano 2015 -Compostela-)
มุมมอง 1.4K8 ปีที่แล้ว
Fin de ano 2015 (Compostela)
Os d'Abaixo-Carballesa do Carballiño (Fin de ano 2015 -Compostela-)
มุมมอง 6588 ปีที่แล้ว
Fin de ano 2015_1 (Praza do Obradoiro -Compostela-)
Os d'Abaixo+Bailador@s Pardiñas 2015
มุมมอง 4749 ปีที่แล้ว
Os d'Abaixo no festival de Pardiñas 2015. Pampin's Set con bailador@s
Os d'Abaixo_Pardiñas 2015
มุมมอง 1.9K9 ปีที่แล้ว
Vídeo do tema Non cho creo PP no festival de Pardiñas 2015
Os d'Abaixo e Berrogüetto (Praza da Quintan)
มุมมอง 71411 ปีที่แล้ว
23/07/2013 Na praza da Quintana (Santiago de Compostela)
Carballesa do Carballiño - Os d'Abaixo (por Pixelin Photo)
มุมมอง 47311 ปีที่แล้ว
23/07/2013 Praza da Quintana (Santiago de Compostela)
Carballesa do Carballiño - Os d'Abaixo
มุมมอง 4.3K11 ปีที่แล้ว
Carballesa do Carballiño - Os d'Abaixo
Muiñeiras de Gaos e Quiroga - Os d'Abaixo
มุมมอง 2.2K11 ปีที่แล้ว
Muiñeiras de Gaos e Quiroga - Os d'Abaixo
Gran tema Desde Bilbao. Somos.
Galician Folk Music Musica Folk Galicia
Alguien puede decirme la letra de la canción?
QUIXERA SER DOS PAXAROS II LETRA INTRO Quixera ser dos paxaros que anduriñas se lles chaman para facer o meu niño moi perto da túa cama, moi perto da túa cama ailá lelo ailalalaaá RETROUSO Miña maruxiña remenda o refaixo que o levas rachado por riba e por baixo, que o levas rachado por baixo e por riba, remenda o refaixo miña queridiña. Eo que nunca estivo lonxe non sabe o que padecere de lonxe as penas aumentan para quen sabe querere para quen sabe querere ailá lelo ailalalaaá RETROUSO 2 Miña maruxiña remenda o refaixo que o levas rachado por riba e por baixo, que o levas rachado por baixo e por riba, remenda o refaixo miña queridiña. Miña maruxiña remenda o refaixo que o levas rachado por riba e por baixo, que o levas rachado por baixo e por riba, remenda o refaixo miña queridiña. INSTRUMENTAL Eres unha flor d'ourente como a quero meu desexo i eres unha estrela branca que veu caída do ceo que veu caída do ceo ailá lelo ailalalaaá RETROUSO Miña maruxiña remenda o refaixo que o levas rachado por riba e por baixo que o levas rachado por baixo e por riba remenda o refaixo miña queridiña. Por querer unha deixeie i outra que me estaba amando o que fixen non o seie e agora estame pesando e agora estame pesando ailá lelo ailalalaaá RETROUSO 2 Miña maruxiña remenda o refaixo que o levas rachado por riba e por baixo que o levas rachado por baixo e por riba remenda o refaixo miña queridiña. Miña maruxiña remenda o refaixo que o levas rachado por riba e por baixo que o levas rachado por baixo e por riba remenda o refaixo miña queridiña. INSTRUMENTAL FIN
Bom trabalho. Excelente vídeo. Ouvir galego acalenta os nossos 💓
fermoso
Somos a pedra
Atire a ultima pedra hahah
Esto é boísimo. Letra, música e vídeo. Moi moi moi bo
Graciñas!
Lume! 👏🏽
Adiante amigos!! Sodes un orgullo para Galiza
Moi necesario. 💙 Parabéns e a seguir!! ✨✨
Graciñas. Alégranos!
Moitos parabéns, forza!
Graciñas!!
lindos!!!gratidão pela docura sonora!!!
Noraboa polo traballo rapaces! 👏
QUE FERMOSO LUGAR... CADA DÍA QUEDAN MENOS ..
A min encántanme,agradezo moito este fermoso video.Parabéns e adiante sempre.
Preciosa!!!
Ay, precioso, unha marabilla!!! Moitas gracias.
Fermosisimo, grazas amigo.
Precioso!
Precioso
Que preciosidade
Moitas graças, pola vosa música e a vosa alegría. Encantoume o video. Bicos para toda a pandilla
Elegante e a vez relaxante , gústame moito
Que emocionante quedou! 😊
Moi bonito!
Excelente música para botar un pé, e tamén para escoitar
Uha chulada!!!!
Parabens esto sana o corpo e a mente.
Formidable música para botar un pé. Música non só agradable para escoitar, tamén para bailar
Moi fermoso!
Fermosoooooo
❤❤❤
¡ Que bo traballo, noraboa !
Hermoso tema, gracias por publicarlo! Por favor no nos hagan esperar otro año para volver a saber de ustedes!!!!!!
Disponibilize a letra, por favor.
Que ben sona.
Creo que estou namorada de ti
Hermoso tema que escuché un día en la radio. Y desde ahí empecé a buscar quienes erais. Mis felicitaciones y espero poder asistir a algún concierto.
Come and see their performance @ Brosella Folk & Jazz 2018 (www.brosella.be) Saturday 7 July 2018 = Groentheater, Ossegempark, Laken-Brussels
Yeah! //Johannes
Moi bo son. Apertas
bravo