Manuele Pardo
Manuele Pardo
  • 7
  • 23 647
Manuele Pardo -MAZURCA DO CARPINTEIRO-
Este tema está inspirado nunha canción, unha mazurca, que escoitei dunha recollida do concello de Zas, na parroquia de Muíño, no lugar do Couto. Xa levaba uns anos andando polo meu ordenador unha gravación dela a modo de esbozo. O canto que lle precede é inventado a raíz dunha copla que lin nalgún lugar que non recordo, mais pareceume bonita e acaída para a ocasión. Cando voltei a escoitala acordeime de meu pai, que foi carpinteiro e facía cousas ben cucas, tamén fumaba moito (por iso o do canto).
Que mellor regalo polo seu aniversario que algo que sei facer? Para ti, David Pardo, unha das dúas persoas (xunto coa miña nai) que me inculcou o amor pola nosa música. Por moitas tocatas máis. Parabéns!
Grazas sempre a Sara Pardo por darme soporte técnico e táctico, termando da cámara e dando apoio. Ela tamén e parte de todo o que fago, sempre crítica e meticulosa.
Eternamente agradecido a Roberto Ledesma (mistura e máster) polo seu bo facer e o seu tirar cara adiante constante, tanto no sonido como na vida.
Para finalizar pero non menos importante, obrigado a Icía Kirk por poñer a súa fermosa voz e o seu bo facer nisto.
O vídeo que montei e só un pequeno apoio visual a unha canción que mistura cousas orgánicas con sons electrónicos que fun experimentando e descubrindo.
มุมมอง: 1 537

วีดีโอ

Manuele Pardo & Marina Vidal - BERC3- (Videoclip Oficial)
มุมมอง 2.1K2 ปีที่แล้ว
MÚSICA: Manuele Pardo MIX E MASTER: Abel Gañete CÁMARA E IMAXE: Sara Pardo IDEA, DESEÑO E MONTAXE DO VÍDEO: PARDO&PARDO S.L. COLABORACIÓN, AO VIOLINO: Marina Vidal Este é un canto de berce que escoitei nunhas recollidas que caeron nas miñas mans. É da parroquia de Anxeríz (Concello de Tordoia) e, nesta arquivo de vídeo, cántao Julia Vázquez.
Manuele Pardo -CANTAR DE ARRIEIRO-
มุมมอง 1.2K2 ปีที่แล้ว
Moitas mañáns, cando esperto, teño xa unha canción na cabeza que me acompaña ao longo do día. Esta é unha que me acompaña moitos días e durante moitos anos. Este canto fermoso saqueino dos FILLOS DE PEPA A LOBA (Iván, Diego e Cristian), estes rapaces, agora supoño que xa mozos, que cantan tan bonito. E non só como cantan, o vídeo ten unha aura especial polo clima que este xera. Enlace aquí👇 th-...
Manuele Pardo -BITÁCORA- (Videoclip oficial)
มุมมอง 3.2K3 ปีที่แล้ว
"Esta é unha historia tecida con ausencias, con longas esperas e coa forza de tantas muleres que teñen un mariñeiro nas súas vidas, profesión das máis duras do noso país." MÚSICA: Patrimonio Oral Galego. FRADES- Abellá 1988 Informantes: Sánchez, Concepción "do Piñeiro" e Ríos, Xosé e Rodríguez, Pura "de Lanzá" e , Manuel "de Moar" e , Juan "de Xil" Recollida e info: apoi.museodopobo.gal/434/ Ar...
Manuele Pardo -MUROS- (Videoclip Oficial)
มุมมอง 10K3 ปีที่แล้ว
Os galegos e galegas somos de facer camiños de ida e volta, e sempre levamos de aquí pero tamén trouxemos de alá. A nosa música, é nosa porque tamén funciona así, como a nosa xente. O contínuo contacto dos distintos estilos musicais de todo o mundo xera infinitas fusións. Destes estilos, aqueles que se atopan coa música galega, xeran unha sonoridade e unhas cores novas, pero esta, coma nós, seg...
Teaser. MUROS. Manuele Pardo.
มุมมอง 5653 ปีที่แล้ว
Ei, parroquia!🤙 Dentro de unha semana publicarase este primeiro sinxelo dun proxecto persoal, que comecei cando estábamos confinados e que quero compartir con todxs vós. Muros nace entre dúas augas, sendo un tema da Terra con pinceladas de eiquí e de acolá, con ar de salitre e esencia da Ulla. Podedes atoparme en: FACEBOOK: ManuelePardoLareo INSTAGRAM: manuelepardo
FOLIADA DO RUEIRO. Os Enxebres de San Lázaro.
มุมมอง 4.8K3 ปีที่แล้ว
Esta é a nosa pequena homenaxe a un sentimento chamado Cantigas e Agarimos. Feliz ano 2021, Feliz ano Cantigas. OS ENXEBRES DE SAN LÁZARO Bailadores: Cris González, Irma Hervella, Fernando Saavedra, Marcos Botana. Cámara: Sara Pardo Agradecemento especial ao MUSEO DO POBO GALEGO por ceder o seu emblemático espazo para a realización desta homenaxe.

ความคิดเห็น