- 36
- 6 604
aquítaménsefala
เข้าร่วมเมื่อ 30 พ.ย. 2023
Aquí tamén se fala: Antía Muíño - “Alalá de Muxía”(22 de maio de 2024)
Man of Constant Sorrow, Fadinho da Ti Maria Benta, La Tarara, Bella Ciao.
A canción popular tece unha rede que acolle a identidade colectiva. Na voz anónima de quen canta nas festas ou nos enterros, a peneira do tempo vai recollendo aquelas melodías, usadas e modificadas sen descanso, para que unha nova voz as poida recrear unha vez máis.
Alalá de Muxía.
O libro da canción galega podería comezar con esta peza. Ese conxunto de melodías, coplas, retrousos e versos que conforman a tradición colectiva do país ten nesta peza unha bandeira, un símbolo do pulo creativo dun pobo que remexe a peneira unha vez máis para ver que queda enriba e que se esvaece no vacío do tempo.
Antía Muíño. Planetario de Náutica. Aquí tamén se fala.
Maité recibiu da súa familia tres tradicións lingüísticas: mapuche, castelán e galés. Agora, emigrada na Coruña, recibe a galega. No planetario de Náutica, sentada xunto a Juan e Isabella, compañeiros xunto a Quispe dun grupo de músicos de 4° da ESO do Rafael Dieste, emociónase ao ver e escoitar a Antía Muíño iniciar o Alalá de Muxía cun arpexio de armónicos.
Xa está, Aquí tamén se fala xa venceu. Maité xa é, tamén, galega. E como cantora galega, peneirará as cancións baixo unha identidade complexa, plural, internacional.

มุมมอง: 317
วีดีโอ
“Aquí tamén se fala” no Galicia por diante da Radio Galega (5/6/2024)
มุมมอง 805 หลายเดือนก่อน
O IES Rafael Dieste e “Aquí tamén se fala” voltaron novamente ao Estudio 5 da Radio Galega, ao programa Galicia por Diante que comanda o capitán de navío Kiko Novoa. Desta volta situárone perante os micros as alumnad Emiko Vázquez e Loia Herforth, de terceiro da ESO, e as profesoras Mónica Reigía (Física e Química) e Alberto Pombo (Literatura galega). Falamos do festival do 7 de xuño con Grande...
Aquí tamén se fala: Xoán Rubia - Negra Sombra
มุมมอง 527 หลายเดือนก่อน
Xoán Rubia atravesa a noite máis longa de todas nun Simca 1000, de aluguer, a camiño dalgún recital colectivo. Alguén que ergue unha cunca no bodegón do Hotel Compostela está chamando por el. Semella que se erguen as "Voces ceibes": un coro coa fraternidade de Vicente Araguas, Benedicto, Xavier del Valle, Xerardo Moscoso. E aínda Miro Casabella, Bibiano, Chuspe Barreiro... No fondo da estampa: ...
Grande Amore - Esta pena que a veces teño
มุมมอง 2647 หลายเดือนก่อน
O Valadouro xa é o centro do mundo. A Nunomanía absorbeu todo canto corpo atopou. No comezo, un ritmo sintético, unha programación sobre a que as palabras se agarran para atraparnos e levarnos á vertixe. Despois, un salto, que podería ser ao vacío, pero que vai achando corpos e máis corpos, brazos, suor, dentes e ollos nos que se apoiar. Nuno fúndeos e fainos seus. Xa están no Valadouro, na cas...
Aquí tamén se fala: O Leo de Matamá - “O paseo“
มุมมอง 2887 หลายเดือนก่อน
O de Matamá, o Campos, o Arremecághona e todo canto heterónimo adquire forma no xenio criador do poliédrico “O Leo” cinguiuse nun berro potente e coraxoso enfrontado de sempre á infamia. Veu con el o punk e o cantar de intervención a carón dos sons metálicos da poeirenta Mississippi. Nun cruzamento de camiños, xuntáronse aos das voces apagadas, ás da dignidade, ás do loito e as cunetas. Ás de a...
Aquí tamén se fala: César Morán - “Ela-Poema 4”
มุมมอง 1428 หลายเดือนก่อน
Emerxen de novo os barracóns de Riazor e as tertulias no bodegón Dobao. Entre poetas, músicos, estudantes e demais parroquia nunha canción unha voz chama por Cunqueiro. É o César Morán, que de entre as follas e os libros hoxe tensan as cordas dunha guitarra ou asubía unha peza nova. É o César, a facer do verso acorde. Primeiro a raíz, despois o jazz, mais sempre algo prendido do bico. Coas onda...
The Rapants - O avión (#aquítaménsefala)
มุมมอง 2848 หลายเดือนก่อน
The Rapants surfean o mar do Orzán Coa Fonte dos Surfistas como probábel vórtice de conexión intergalaica, The Rapants aterraron na Coruña para bailaren sobre as cristas das ondas do Orzán. Non sabemos se o feito de teren perdido o avión a Barcelona tivo a ver coa súa chegada á nosa cidade, mais o conto é que a aterraxe das súas táboas a carón do faro brigantino foi todo un suceso: da man do es...
…The Rapants tamén falan galego!
มุมมอง 328 หลายเดือนก่อน
…e The Rapants tamén falan galego! Recén chegados de tocar en Bélxica, e a unha semana de encher Capitol dous días seguidos, The Rapants déixano claro: #aquítaménsefalagalego!
No IES Rafael Dieste tamén se fala galego!
มุมมอง 828 หลายเดือนก่อน
Xornadas de portas abertas no @iesrafaeldieste para que as familias dos bairros de Labañou, San Roque, Agra do Orzán, etc… que teñen fill@s na primaria, puidesen vir coñecer toda a programación extracurricular que se fai no Dieste. Palabras maiores! E é que por aquí pasan cada ano referentes como Pilar Pallarés, Xurxo Mariño, Ses, Luís Blanco, Ledicia Costas, Manel Cráneo, Dores Tembrás, Xulia ...
Entrevista Alberto Pombo (Aquí tamén se fala)
มุมมอง 859 หลายเดือนก่อน
Entrevista Alberto Pombo (Aquí tamén se fala)
“Aquí tamén se fala” no Galicia por Diante da CRTVG
มุมมอง 3469 หลายเดือนก่อน
“Aquí tamén se fala” no Galicia por Diante da CRTVG
#aquítaménsecanta, sesión #1: Lucía Aldao - "A da Misántropa Riquiña"
มุมมอง 720ปีที่แล้ว
#aquítaménsecanta, sesión #1: Lucía Aldao - "A da Misántropa Riquiña"
... con este corazón que non me colle no peito !!!!
Qué belleza !!!!
Moi guapaa
Aupa Racing!
Adiante: "Aquí tamén se fala..."!
Que bonitísimo é escoitar o galego con todos os acentos. E que boas mensaxes. Bravas! 💪👏
❤️🤟🔥
Gora Galizia eta besarkada bat Euskal Herritik!
Moi bo! 👏👏👏